Déixovos este recurso para practicar acentuación
xoves, 23 de abril de 2020
COMECOCOS ACENTUACIÓN
Na páxina aulas galegas
tedesmoitos recursos para aprender dunha forma divertida estes días de confinamento
Déixovos este recurso para practicar acentuación
Déixovos este recurso para practicar acentuación
O PADRIÑO
No día do libro recomendo reler este texto
Hai un texto en Memorias dun neno labrego que a min me gusta moito .
Cando o seu padriño lle explica a Balbino que é un amigo.
É un texto precioso que nos fala da sabiduría dos avós e do valor da amizade
Se algún de vós estades cos vosos avós estes días recoméndovos que llelo leades
Aínda que non todos lestes o libro gustariame que leses este texto e deixásedes tamén a vosa opinión na libreta .
Hai un texto en Memorias dun neno labrego que a min me gusta moito .
Cando o seu padriño lle explica a Balbino que é un amigo.
É un texto precioso que nos fala da sabiduría dos avós e do valor da amizade
Se algún de vós estades cos vosos avós estes días recoméndovos que llelo leades
Aínda que non todos lestes o libro gustariame que leses este texto e deixásedes tamén a vosa opinión na libreta .
O padriño non era coma a outra xente. Aínda non vin home na aldea que se lle puidese comparar. Todos latrican das mesmas cousas ou calan as mesmas cousas. O padriño era diferente. Paréceme que o estou vendo: sentado no seu tallo, ó pé da lareira, asubía, pensa, fai debuxos co bastón na borralla. Non se anoxa con ninguén. Se lle din algo que non lle gusta, case sempre responde cun sorriso suaviño, e acabouse. Debe ser por iso que lle ouvín dicir un día:
—Ás veces, a mellor maneira de explicar algo é calando.
Pero cando se lle daba por falar, aquilo era unha sementeira. Predicaba mellor ca un frade. Eu non lle entendía moitas cousas, mais rabeaba por escoitalo. Era, ¡que sei eu! coma se o erguesen a un polos ombreiros cunha man de la e o levasen voando lonxe, lonxe…
Un domingo pola tarde, en vez de ir enredar quedeime con el na cociña. Pregunteille de canto hai:
—Padriño, ¿cando esmorecen as estrelas? ¿Onde rematan os camiños? ¿Quen puxo os penedos no río?
Non había cousa que el non soubese.
—¿Que é un amigo? —pregunteille tamén.
E botoume tal prédica que inda me acordo de moitos dos seus ditos. Unha tarde enteira parrafeando da amizade. «Un amigo é o mellor que hai neste mundo, se o é de certo». «Vale máis ter amigos ca ter cartos». «O amigo dáche todo e non quere nada; morre por ti se cómpre morrer».
Despois desa, notei que me faltaba un amigo. Non era doado atopalo, dicía o padriño, pois disque os máis deles son de comenencia. Na escola levábame ben con todos dende que entrei. Pero cando sacaron o mestre e veu Eladia e fun o máis adiantado, mirábanme con mal cariz. Coma verdadeiros inimigos. Era a rabecha de me veren lendo e escribindo mellor ca ninguén. ¡Se souberan o que me pasaba con Eladia e por que eu deprendía! Pero está visto: sinto cousas que non lle podo contar a ninguén. Teño que aturalas eu. Eu só, coma cando aturei as vexigas e o sarampelo. Peor aínda, pois teño que calalo.
Os da casa poden ser ou non amigos dun. Ser nai ou pai non ten que ver con ser amigo, penso eu. Disque don Leopoldo é amigo dos seus fillos, e falan e eito de canto hai. Pero na aldea non se usa. Son costumes da vila.
Dende que o padriño me ceibou aquela predicación, botei unha tempada dorido por non ter un amigo, ata que aconteceu o da presa.
Era unha tarde do mes de Nadal. Chovía moito e o río comezou a encher. A madriña mandoume ir buscar o lavadoiro, que estaba na presa do muíño. E fun. Corrín canto me deron as pernas, pero cando lle botei a man esvaroume un zoco e caín na auga avolta. O río levábame pola presa abaixo, cada vez con máis forza. Eu non perdín o coñecemento, aínda que debeu faltarme pouco. Niso, sentín que me turraban por unha perna, e de alí a un instante estaba no resío. O meu salvador fora Lelo de Cidre. Deille unha aperta de corazón. Se el non fose, eu morrería afogado.
«Os amigos hai que coidalos, como se coida unha anada», dixérame o padriño, e eu, convencido de que Lelo era un amigo de certo, boteime a querelo e a amostrarlle estimanza.
Lelo era moi pobre. Fillo de caseiros igual ca min. Pero tiña a «vantaxe» de non cavilar nas cousas. Cantaba e ría aínda que non comese ou andase encoiro. Faime lembrar o conto que di o Xudío, do home feliz que non tiña camisa.
Nunha caixiña de lata moi feituca —daquela inda non mercara o peto de barro— gardaba eu os meus pequenos aforros. Algunhas pesetas que fora xuntando. ¿Quen mas dera? Un rapaz baixado sempre colleita algo. Por coidarlle da besta ó perito, ou levarlle o raxo ó cura e a outros señores cando a mata do porco.
Fun á casa de Lelo para regalarlle a miña caixiña cos cartos, amais dun cinto branco que me trouxera de África meu tío Braulio.
—Eu non che quero nada —díxome.
—Por ti podo contar o conto. Salvácheme a vida. Non sei nadar e houbérame esfachicado na reixa do muíño.
—Si, pero eses labores non se cobran.
—Nin hai diñeiro que os pague —díxenlle—. Non veño pagar un traballo; tráioche un regalo.
Despois de moito leirear colleume o cinto.
—Eu quero ser teu amigo, Lelo.
—Xa somos amigos.
—Quero que andemos xuntos, falemos das nosas cousas…
—Por min, xa está —díxome.
E tiven un amigo. Un verdadeiro amigo. Decote nos levamos ben. Todos os días maxinabamos diferentes andrómenas para cando fósemos grandes. Lelo quería deprender música e tocar o bombardino ou a trompeta. Xa estrebillaba cos dedos nun pínfano e dáballe xeito. Ademais metéuselle na chola ser mariñeiro. Nunca vira un barco nin o mar, pero seu pai estivera servindo en Ferrol e parolaba arreo de augas e ventos. Eu teimaba ser mestre de escola, ou cando menos ferreiro. Pero tamén quixera voar. Guiar un avión para ir polo mundo adiante, viaxando por derriba das nubes.
Estades de acordo? Escribide un texto no que expliquedes que é para vos un amigo e outro describindo aos vosos avós
domingo, 19 de abril de 2020
OS DEFUNTOS FALABAN CASTELAO
Na noite de defuntos nunha vila galega unha rapariga foxe da casa para ir casar co seu mozo. Esa mesma noite os veciños escoitan unhas misteriosas voces que no camposanto falaban... castelán!
Dirección: / Tomás Conde / Virginia Curiá
Dirección artística: / Vicente Roura Gómez
Dirección fotografía: / Virginia Curiá
Guionista: / Daniel Domínguez
Montaxe: / Eduardo Gabín / Pablo Goluboff
Música: / Gastón Rodríguez
Produción: / Emilia Neira / José María Suárez
Xefatura de son: / Alberto Beade
Esta curta é unha adaptación dun relato de Anxel Fole. Que vos pareceu ? Redactade a vosa opiníón na libreta .
xoves, 16 de abril de 2020
A MENSAXE ELECTRÓNICA
Enviádeme un correo electrónico para contarme:
Como vos vai?
Que tal estades?
Como levades o de estar na casa sen saír?
Quero saber tamén Como vos estades organizando? Que dificultades tedes para seguir
o curso? Lestes algún libro?
Como precisamente escribir unha mensaxe electrónica e unha carta persoal estaba dentro
das actividades que debiades facer. Aproveitamos para facelo ben déixovos
unha pequena explicación.
ESTRUTURA:
DE aquí irá o voso correo porque sodes os remitentes
PARA destinatario , o meu correo
ASUNTO o tema que ides tratar debe ser breve por exemplo actividades
MENSAXE na mensaxe deben aparecer as seguintes partes:
SAÚDO Lembrade que en galego ola non leva hache
CORPO Dividídeo en tres parágrafos
- no primeiro ,contádemo como estades
- no segundo que actividades fixéstes, que libro lestes
- no terceiro que problemas atopades para seguir as clases en xeral e
para facer as actividades.
DESPEDIDA
Na páxina 87 do voso libro tedes o seguinte modelo :
DE iriacastro@gmail.com
PARA xurca@hotmail.com
ASUNTO visita a Pontevedra
Prezado Xurxo: SAÚDO podedes empregar tamén Ola Xurxo : lembrade poñer
dous puntos .
Como estás ? Que tal vai todo ? Hai moito que non sei de ti e teño cousas
que contarche!
A fin de semana próxima iremos ata Pontevedra porque miña irmá participa nun
campionato.
Se estás na casa , poderiamos vernos e poñernos ao día . Que dis?
Espero a túa resposta canto antes .
Unha aperta grande e ata pronto DESPEDIDA
Iria SINATURA
P.D Se precisas que che leve algo de Santiago , avísame con tempo non é
obrigatorio só cando se esquece algo
Para aclarar as dúbidas podedes practicar con estes exercicios da profesora
Belen A mensaxe electrónica
A CARTA PERSOAL
Na lectura páxina do libro de texto 84-85 aparece unha carta persoal que Sayam envía ao su amigo Alberte dende Irak que aparece no libro Irmán do vento de Manuel Lorenzo González
Imos facer algo parecido
Escribide unha carta para un compañeiro ou compañeira da clase que entregaredes cando volvamos a vernos
Nesta ligazón atoparedes unha explicación e este modelo de carta persoal
Imos facer algo parecido
Escribide unha carta para un compañeiro ou compañeira da clase que entregaredes cando volvamos a vernos
Nesta ligazón atoparedes unha explicación e este modelo de carta persoal
Exemplo de carta persoal

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)